Hoxe e un día triste para a familia do Céltiga F.C.

Hoxe e un día triste para a familia do Céltiga F.C. tras a noticia do falecemento de José Ramón Lores Sueiro, Xerente da Estación de Servicio Cepsa Vilanova, empresa que viña sendo unha das principales colaboradoras da nosa Escola de Fútbol Base.
Dende aquí o noso mais sincero recoñecemento e agradecemento pola sua amistade e xenerosidade, exemplo de coraxe e valentía na loita contra a súa enfermidade, así coma o noso máis sentido pésame para Marta a súa dona e o resto da sua familia pola súa perda. D.E.P.