🔥 Xa somos de Terceira! 🔥

🔥 XA SOMOS DE TERCEIRA! 🔥  O Céltiga F.C. xa é equipo de 3ª Federación
💥 Un soño que hoxe se fai realidade… e que só foi posible porque o soñamos e pelexámolo xuntos.

🔴⚪ Grazas ao noso equipo, que o deixou todo no campo. Grazas ao corpo técnico e staff, polo traballo incansable e silencioso. Grazas aos patrocinadores, por seguir crendo. E sobre todo… Grazas á afección, que empuxou, vibrou, e nunca soltou.

Hoxe celebramos. Hoxe gritámolo.

ESTAMOS ONDE MERECEMOS ESTAR!

💚 Isto é por todos os que estiveron, os que están e os que virán. Por cada adestro baixo a choiva, por cada partido na pel, por cada voz na bancada que creu ata o final. GRAZAS

Leave a comment