RECOÑECEMENTOS

“Non son todos os que están, pero están todos os que son “

Sei que é difícil facer distincións entre tantas persoas que pasaron polo Club Céltiga. Todos os que estiveron en cargos directivos ou ben como xogadores ou adestradores, son merecedores de recoñecemento. Pero penso que é de honra recoñecer algúns dos homes que dedicaron mais tempo o club.  Esta selección está feita a medida que se vai narrando a historia do club, e ver que persoas lle dedican mais tempo o mesmo

É unha selección, que pode que non guste a todos, pero xa sabemos que a gusto de todos é imposible facer as cousas.

CÁNDIDO VÁZQUEZ FERNÁNDEZ:  Primeiro Presidente do Céltiga. Federou o equipo e foi presidente desde 1951 a 1955, datas na que a situación económica era moi precaria e a súas achegas económicas e o seu esforzo persoal, foron fundamentais para o mantemento do equipo.  Seguidor incansable do Céltiga ata que as pernas lle aguantaron.

ALIPIO SANTIAGO PIÑEIRO: Foi xogador desde 1948 ata finais dos anos 1950 en que marchou da Illa. Un dos máximo goleadores en unión de Darío. Durante eses anos foi capitán e adestrador do equipo. Foi presidente no ano 1953 e a nivel persoal disposto sempre a colaborar economicamente co Céltiga.

DARÍO PATON DIOS: Xogador da canteira. Xogou 10 anos no Céltiga e marcou goles que deron campionatos o club. Xogou tamén en outros equipos de maior categoría cando o Céltiga non puido participar na competición. No ano 1964 foille concedida a Medalla de Bronce o mérito futbolístico.  Adestrou os xuvenís cando o equipo empezou a participar en competicións oficiais.

SALVADOR OTERO FERNÁNDEZ: Presidente durante 6 temporadas . De 1971 a 1977. Durante o seu mandato construíuse o campo que leva o seu nome pola súa colaboración tanto persoal como económica.

AMANCIO OTERO BESADA: Xogador desde xuvenil e durante 8 anos, no primeiro equipo.  Presidente durante 5 temporadas, e outras 5 como secretario. Durante a súa presidencia o equipo estivo tres anos en terceira división nacional. Na de 1985-86 clasificouse para xogar a Copa do Rei, sendo eliminado polo Celta de Vigo.

AVELINO CORES FUENTES: Xogador, adestrador e directivo. Viviu o Club Céltiga como si fora seu. Xogador con moito amor propio e baluarte na defensa durante mais de 8 temporadas. Adestrador que subiu por primeira vez  a Rexional Preferente.

RAMÓN DIOS IGLESIAS: Persoa moi vinculado o fútbol da Illa. Fundador do Titanic, Xogador do Céltiga, Adestrador do Céltiga Atlético.  Presidente do Club en Rexional Preferente apostando sempre por xogadores da canteira. Ademais o seu fillo Ricardo foi xogador e adestrador do primeiro equipo e dos xuvenís.

RICARDO DIOS IGLESIAS: Foi, quizá, o xogador que mais tempo xogou no Céltiga, despois de Juan J. Agra.  Xogador cunha capacidade goleadora impresionante. Xogou nos xuvenís do Pontevedra e puido haber sido un xogador a nivel nacional, pero eran outros tempo. Foi tamén adestrador do Céltiga nunha curta temporada. Tamén o seu fillo Ducho, foi xogador e adestrador do primeiro e xuvenís.

BENITO RIAL OUBIÑA: 5 Anos como xogador, outros 5 como directivo e 5 como presidente. Durante a súa etapa como presidente apostou sempre pola canteira tanto nos xogadores como nos adestradores. Podemos dicir que de 1994 a 1999 en que el foi presidente o 90% dos xogadores eran da Illa.

JUAN JOSÉ AGRA DIZ: Xogador durante 16 temporadas, capitán do ascenso a 3ª División Nacional.  3 temporadas como adestrador do equipo xuvenil e 9 no primeiro equipo en Rexional Preferente e 3ª División.  Podemos dicir que desde os 15 os 45 anos estivo ligado o Céltiga.

JOSE M. COUSIDO SUÁREZ:  Presidente  de 2002 a 2006.  Durante estas 4 temporadas o Céltiga militou dúas en 3ª División Nacional. Durante o seu mandato creáronse moitos equipos de base. Xestionou e conseguiu o campo de herba sintética para o Campo da Bouza e fixo melloras no Salvador Otero. Promotor,coa súa directiva das primeiras Xornadas Gastronómicas.  Estivo acompañado con directivos que seguiron a súa traxectoria,e moitos deles aínda hoxe están na directiva do Club.

MANUEL DIOS RODRÍGUEZ: 5 Temporadas como presidente, 4 delas en Terceira División.  8  anos como vicepresidente en dúas etapas, e 3 como vocal.  Un dos promotores das Xornadas Gastronómicas do verán na Illa que son o motor financeiro que permite que A Illa, un pobo de 5.000 habitantes,  manteña un equipo en Terceira División.

CARLOS GÓMEZ LORENZO: 15 anos – de momento – sendo Secretario ou Tesoureiro.  Impulsor e motor da economía do Club e organizador nato e portavoz, en unión de Alex Zels,  da Xunta Directiva.