HISTORIA DO FÚTBOL NA ILLA

90 ANOS DE HISTORIA DO CÉLTIGA F.C.

Este libro comezou como unha historia do Céltiga F.C. o equipo mais representativo de A Illa de Arousa pero non deixa de ser tamén a historia do fútbol na Illa. Segundo a historia, o fútbol é un invento dos ingleses aló polo ano 1866. Chegou a España a través de traballadores ingleses especialmente as minas de Riotinto en Huelva. Todos sabemos que o Recreativo de Huelva coñecese como EL DECANO e foi fundado a finais do século XIX . Tamén en Vigo, onde a escuadra inglesa votaba temporadas, se atribúen ser os primeiros en practicar o football.

É de supoñer que chegou a nosa ría pola escuadra inglesa que visitaba a nosa ría con frecuencia. Unha crónica do 17-05-1898, indica que la escuadra inglesa se halla fondeada en las aguas de la Isla de Arosa. Hai que recordar que en Vilagarcía, existe un cemiterio inglés debido a un naufraxio desta escuadra en Galicia no ano 1910. Para darnos conta da importancia que tiña para a nosa ría estes barcos da Real Navy, e o que significaba para os pobos da mesma, contamos cunha reseña do xornal El Eco de Galicia de 4-02-1897 “ El jueves salió de Vigo para la Ría de Arosa la escuadra inglesas del canal.” Tamén El Correo de Galicia de Santiago de data 6-02-1907 que di: “ Procedente de Gibraltar ha fondeado en la ría de Arosa una escuadra inglesa compuesta de seis grandes cruzeros, al mando del almirante Neville. Estos buques se incorporan a la flota de catorce acorazados que se hallan en el puerto hace más de un mes”

Si hoxe nos chama a atención cando vemos pasar un barco ou dous navegando pola ría, como sería, hai mais de 100 anos, ver 20 barcos de guerra anclados mais de un mes na ría. A Gaceta de Galicia, un xornal de Santiago, con data 27 de xaneiro de 1914 da conta desta noticia: “ Llega a la ría de Arosa, la escuadra que estuvo fondeada en Vigo compuesta por 8 acorazado, 4 Cruceros, un buque hospital y un buque taller. Mucha fue la gente que presenció la arribada de la poderosa flota. Inmediatamente comenzaron a surcar las tranquilas aguas de la ría, cientos de lanchas y botes procedentes de los navios ingleses. Ya están proyectados varios partidos de Foot-Ball entre los marines y equipos locales.

Algúns dos nosos maiores dicían que estes mariñeiros ingleses tiñan mais cerca o campo do Aguiuncho que o de Vilagarcía que, por certo, o da Lomba non existía. Hai que ter en conta tamén, que a Liga Española de Fútbol data do ano 1929 e o primeiro Reglamento de Fútbol Profesional Español e de 1926. Curiosamente visitando a Delegación de Pontevedra da Federación Galega de Fútbol encontramos un acta do 4 de decembro de 1932 de “Constitución de la Federación de Clubs Modestos de Foot Ball de Pontevedra..- Seguen a seren moitas as lagoas existentes á hora de tratar de facer un estudio cronolóxico sobre o discorrer polo mundo do fútbol na Illa. E isto é así, fundamentalmente, polo escaso ou nulo material escrito que se conserva dos primeiros anos do século XX, agás unhas aliñacións puntuais e algunha que outra fotografía. Foi preciso, polo tanto, recorrer á información “ boca a boca “, tratando de contactar con aquela xente que formou parte da vida do propio Céltiga: Presidentes e Directivos, xogadores, afeccionados, etc. Tamén houbo que votar man das hemerotecas dos xornais de aqueles anos que foron os que corrixiron, en moitos casos, a memoria das persoas. Foron varios os casos de que algún dos que participaron nos partidos contaban unha cousa e os xornais dicían outra. Foi fundamental as hemerotecas para poder recuperar datos de principios do século pasado, pois hoxe os mais vellos da Illa naceron a partir dos anos veinte e a memoria xa falla.

Segundo a información aportada e polo que se puido apreciar nalgún documento escrito, xa no ano 1.904 se practicaba fútbol dun xeito informal.. Este dato ven corroborado por un nome de equipo “ EL TRIUNFAL “ e unha aliñación aparecida nun periódico da época dos 50 ( El Pueblo Gallego ), artigo que encabeza o nome de Cándido Vázquez – “Vasquiños”, o que sería o primeiro Presidente dun Céltiga federado no ano 1951…