FUNDACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL

Considero imporTante destacar, que neste ano 1998 e con motivo da independencia do concello de A Illa do de Vilanova, crease a Fundación Deportiva Municipal que foi un motor importante para o fomento do deporte, especialmente cara a xente mais nova.

A súa primeira Directiva foi a seguinte:
Presidente: D. JOSÉ ALEJANDRO GARCÍA FARIÑA
Vice-Presidente: D. CARLOS OTERO CHAVES
Vocais: D. CARLOS AGRA PAZ
D. MANUEL GARCÍA POZA
D. ALBERTO POUSO OTERO
D. ALFREDO OTERO LOJO
D. MANUEL DIOS RODRÍGUEZ

Este último en representación do Club Céltiga. Creo que a Fundación Deportiva Municipal foi o xerme principal que dou orixe a multitude de equipos deportivos de todo tipo. O Baloncesto tivo un gran auxe na Illa, chegando a xogar na Liga Autonómica. O fútbol de infantís, alevíns, benxamíns foron outras das categorías que se foron formando. Ximnasia rítmica, Xadrez,
O artigo 6 do seus estatutos marcan o obxectivo da Fundación:

“Tutelar, promover, instituir, e coordinar o deporte como parte fundamental da persoa, sendo prioritario a atención o deporte de base nas súas modalidades.”

Destacar a labor realizada na fundación deportiva, grazas a colaboración do Concello e as Agrupacións de Mexilloeiros e Confraría de Pescadores que, coas súas achegas fan posible que a xuventude da Illa participe e goce do deporte de todo tipo e moi especialmente do fútbol.