XXI Fiesta de los Productos del Mar

🦐🦑🐟 XA VOLTARON… XA ESTÁN AQUÍ! 🐟🦑🦐
🎉 XXI FESTA GASTRONÓMICA DO MAR – A ILLA DE AROUSA 🎉
Organiza: Céltiga Fútbol Club ⚽

💥 Un verán máis… chega a gran cita do sabor e da tradición!
As mellores festas gastronómicas, orgullo da Illa, desta vez tocan as organizadas polo Céltiga FC, e son todo un referente gastronómico na comarca de O Salnés, e regresan con máis forza ca nunca para encher o Paseo de O Cantiño de aromas, música, alegría e produtos do mar que falan por si sós.

📍 Paseo de O Cantiño – A Illa de Arousa
📅 Datas:
🔴 8, 9, 10
🔴 14, 15, 16, 17
🔴 22, 23, 24 de AGOSTO

🕒 Horarios:
🍽 Mediodía: 12:45 – 16:15
🌇 Tardes: 19:45 – 23:15

🍤 «Ven e saborea os mellores produtos do mar… coma só A Illa os sabe facer:»
🥇 Sardiñas asadas
🥇 Camaróns
🥇 Zamburiñas
🥇 Nécoras
🥇 Polbo, ameixas, mexillóns, navallas, empanadas… e moito máis!
Aquí, o padal non vén de visita… queda vivir!

💬 Porque en A Illa as festas son algo máis ca tradición: son unha maneira de ser.
🎶 Bo ambiente, boa xente e o sabor do mar como protagonista.

🔥 Forza Céltiga e moito mar no prato!
#FestaDoMar2025 #SaborARía #OrgulloArousán #ReferenteDoSalnés #CéltigaÉIlla #XXIFestaGastronómica #VeránConSabor