Prólogo co-autor

Cando María José a viúva de Alejandro me veu a dicir que a vontade do seu home era que eu rematase o libro sobre a Historia do Céltiga, non me atrevín a dicir que non. Mais tarde dime de conta que era un tarefa complicada compoñer todo o que Alejandro tiña recollido no seu ordenador, en Pen Drive, carpetas, apuntes, fotos, fotocopias, entrevistas, gravacións, etc. etc. Non por medo o traballo senón a que fose capaz a transmitir ben o que Alejandro querería.

Eu había falado varias veces con el. Acompañeino para falar con meu irmá Alfonso sobre a súa etapa no Céltiga como xogador e directivo. O mesmo fixen con Manolo Abuín que se levou a sorpresa que un libro do Céltiga con apuntes dos anos 50 estaba escrito de puño e letra súa e incluso facilitou unha foto deses anos onde estaba con un trofeo na sede do Club e que tamén figura neste libro.
Cando comecei a recompilar a enorme cantidade de datos, e o que Alejandro comezara a escribir, rememorei moitas das viñas vivencias infantís, e o que recordaba de pequeno na miña casa. Hai que ter en conta, que na primeira foto de 1921 aparece meu pai, Alfonso, como xogador e mais tarde meu irmá “Alfonsiño” que foi tamén xogador e directivo.

Un artigo de “El Pueblo Gallego” de 2 de maio de 1952 describe un partido do Céltiga en Catoira, incluso co detalle de que barcos se desprazaron a esa vila e que eu, aínda lembraba a pesar de ter sete anos de idade nesas datas.
Eu non tiña moi claro cando o equipo de A Illa xogaba co nome de Titanic e cando comezou co nome de Céltiga. O barco Titanic, que se supón que de aí tomouse o nome, afundiuse en 1912. Todo apuntaba que a primeira foto que se ten de 1921 con un equipamento de cor branca é o Titanic. Afondando nas hemerotecas, atopei un “Diario de Vigo” que falaba do Titanic inaugurando un campo de fútbol na Illa. Un xornal, El Pueblo Gallego do ano 1924 onde o Titanic de la Isla de Arosa, facía un concurso de fútbol. e ata El Ideal Gallego, daba unha crónica de Boiro onde o Barraña F.C. se queixaba que o Titanic de la Isla de Arosa, non se había presentado a xogar.

Estaba claro que a primeira foto de 1921 era, sen dúbida algunha, do Titanic,F.C. E a súa fundación foi o 1912 a raíz dunha crónica de 1962 onde Alfonso, que foi xogador dicía nun periódico que se podía celebrar o 50 aniversario.
Pero a guinda a todo este pastel que e a historia do fútbol na Illa, veume facilitada por a xente do Faro de Vigo en Vilagarcía. Eles facilitáronme unha crónica do 28 de marzo de 1926, onde se dicía que un mestre, D.Victor Trabazo, creaba un equipo co “simpático” nome de Céltiga o que confirmaba e databa a creación do Céltiga en este ano.
Tamén xente da Voz de Galicia en Vilagarcía, me facilitaron unha crónica do 19 de maio de 1926 que xa confirmaba a existencia do Céltiga nun partido en Noia.
El Pueblo Gallego editado en Vigo tamén facía referencia a un partido xogado na Poboa do Caramiñal o domingo día 16 de maio de 1926 entre o Pirelli local, e o Céltiga de Arosa. E o domingo día 11 de xullo do mesmo ano o equipo da Poboa devólvelle a visita en A Illa. Neste ano 1926 celébranse varios partidos co Eiriña, Rápido de Santiago e Deportivo Estradense e unha saída a Noia no mes de outubro.

No ano 1927, temos constancia de un partido en Rianxo, Meira-Moaña, e Ribeira e varios na Illa co Galicia de Santiago co Dión Boutón de Pontevedra e o Granadino do Barrio de San Lourenzo de Santiago.
Curiosamente ata o ano 1948 non atopo mais reseñas do Céltiga.
En canto o nome de Céltiga que, como antes dixen, foille posto por un mestre, supoño estaría ligado a historia dos Celtas en Galicia. O Celta de Vigo foi fundado no ano 1923 coa fusión de dous equipos vigueses. Tamén se chamaba Céltiga unha revista da emigración galega en Arxentina editada en Bos Aires entre 1924 e 1932 que estivo dirixida por Eduardo Blanco Amor, periodista e escritor galego, entre outros intelectuais da època.
Tamén entre 1920 e 1930 había un equipo de fútbol en Bos Aires que se chamaba Céltiga. Quero dicir con todo isto que si na Arxentina xogaba un equipo de fútbol co nome de Céltiga , e si temos en conta que en Bos Aires existía o Centro Cultural Hijos de la Isla de Arosa, o nome de ese equipo podería estar relacionado, antes ou despois, co noso Céltiga da Illa.

Cándido Vázquez nunha entrevista no xornal El Ideal Gallego do 12-12-1980, di que el foi presidente do Céltiga desde 1945 a 1958. O que si está claro e que o equipo foi fundado en 1926, con xogadores do Titanic.
De todas formas o importante e do que se trata neste libro e de recompilar toda a historia do fútbol na Illa e está claro que o Céltiga, F.C. foi, con moito, o mais importante de esta historia.
A maioría da información que neste libro se reflexa foi recollida de moita xente que viviu o fútbol na Illa. Por iso pode haber algúns feitos que cada un os recorde de maneira distinta. Hai datos que se puideron contrastar, outros son relatados segundo as vivencias dos entrevistados.
Todo o que encontredes de bo neste libro que tendes nas mans, débese o inmenso traballo feito por Alejandro. Das cousas malas, que seguro as hai, culparme a min que no souben facer ben o traballo encomendado.

Un traballo como este, débese as achegas de moitísima xente que colaboraron contando historias, anécdotas, información, cedendo fotos etc. Foi un traballo inmenso por parte de Alejandro. Recoñezo que neste libro deberían figurar bastantes persoas que colaboraron para facelo posible, pero eu non me atrevo a facer unha relación delas por medo a que alguén quede atrás, pero estou seguro que Alejandro, aínda, onde estea, estará agradecido a todos eles.

Juan L. Otero Besada – Genito