Fútbol femenino

O fútbol feminino contou sempre cunha escasa participación, ao contrario que os equipos masculinos, que desde sempre, foron un referente na vida diaria da xente de A Illa. Pero non é menos certo que o fútbol feminino atraía. Faltou, coma sempre, a decisión dalgunha entidade ou persoas que se preocuparan de fomentalo.Por este motivo, a presenza de equipos femininos e case testimonial. Facíanse equipos para actividades puntuais: festas patronais, festivais, etc e logo, tristemente, desaparecían.
Un dos equipos feitos para a ocasión foi o que xogou no ano 70.
AMADOR – AMPARO – MARILUZ – DOLORES VIANA – DOLORES DE ÉLIDA – LOLITA – DOLORES CHIQUITA – FINA – CARMIÑA-NELA – CARMELITA e NURUCHA.
__________________
Aproveitando que as rapazas estaban a facer un curso da P.P.O., decidiron formar un equipo coa idea de recadar fondos para facer unha excursión a Toledo.
Por parte do outro equipo, figuran:
ROSITA – LOLITA – SAGRARIO – Mª JOSÉ – ANGUSTITA – MARÍA JOSÉ – TERESITA – ROSAMARI – AMADOR – Mª PILAR – MARI LOLI – MARISA – Mª JOSÉ – ROSALÍA – FINA BÚA
__________________
MARICARMEN – DOLORES- MARI LOLI – NELA – ROSITA – JUANACA – FINA – TETÉ – DOLORES CHIQUITA – DOLORES PREJISA – CARMIÑA – CARMELITA – TILA – MARISA.
__________________
Arredor do ano 1.978, irrompe outro equipo feminino. Del conservamos unha foto dun partido que xogaron en Vilanova e que presenta a seguinte aliñación:
LUISA – CHONI – LUPE – GELI-JUANA – CHICHA – MARICARMEN – ESTRELLA – Mª ROSA -ESCRAVITUDE – DOLORES DE CARDUCHO – DOLORES – SUSA –DOLORES OLIVEIRA – Mª JOSÉ
__________________
Non contamos con mais fotos dos equipos femininos, pero non foron moitos, pero con ocasións de algunha festa o de un acto benéfico, houbo algúns partidos nos últimos anos.
Xa no fútbol alevín e infantil, houbo mulleres en algún equipo do Céltiga. Queremos destacar, a EVA DIOS NIETO filla do ex_xogador JOSÈ, que se iniciou no equipo da Illa, xogou nos infantís da temporada 2013-14, e ultimamente milita no equipo “masculino” do Portonovo F.C. e xa participou coa Selección Galega feminina en varios partidos na categoría de Sub 16.
EVA DIOS NIETO
__________________